XENEME proxectos sociais http://xeneme.com Be water my friend Tue, 10 Sep 2013 09:30:37 +0000 en hourly 1 http://wordpress.org/?v=3.3.2 CURSO DE R.S.E. en PONTEVEDRA. 2013. http://xeneme.com/curso-de-r-s-e-en-pontevedra-2013/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=curso-de-r-s-e-en-pontevedra-2013 http://xeneme.com/curso-de-r-s-e-en-pontevedra-2013/#comments Mon, 09 Sep 2013 19:36:44 +0000 Diego http://xeneme.com/?p=1311 Seguir lendo ]]> Estratexia, xestión e comunicación da Responsabilidade Social Empresarial para PEMES

As empresas teñen ante si retos que implican cambios profundos no modo de concibir e xestionar a organización, debido á sensibilización da sociedade polas prácticas empresariais.

As empresas son conscientes de que non poden operar de costas aos seus públicos interesados, se queren prosperar no seu mercado de referencia, mellorar a súa competitividade e proxectarse cara o futuro.

Este curso pretende ofrecer ao alumnado os coñecementos e a perspectiva necesaria para incorporar á súa empresa ou organización criterios de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) na súa xestión.

TODA A INFO DO CURSO AQUÍ

]]>
http://xeneme.com/curso-de-r-s-e-en-pontevedra-2013/feed/ 0
Estruming days http://xeneme.com/estruming-days/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=estruming-days http://xeneme.com/estruming-days/#comments Sun, 01 Sep 2013 09:10:27 +0000 Diego http://xeneme.com/?p=1350 Seguir lendo ]]> Estruming Days é un espazo de networking, intercambio e formación para profesionais que aproveiten, dinamicen e/ou traballen o rural galego cunha mirada actual e global. Sabemos que hai profesionais innovadores, creativos e arriscados en Galicia e queremos visibilizar e difundir o seu traballo entre outros profesionais con inquedanzas e ganas de coñecer e medrar.

visita  estruming.com

Estas xornadas técnicas están dirixidas a empresarios e emprendedores, entidades sociais e asociaciónsempresas en activo e proxectos en incubación, que estean a traballar no rural ou que traballando xa en vilas e cidades.

O programa consta de tres sesións, unha tarde do venres ó més, durante os meses de setembro, outubro e novembro, concluindo cada sesión cunha cea informal. Nestas sesións, ademais das empresas convidadas, traballaremos con dinámicas e técnicas grupais e creativas, procesos de co-produción e de intercambio de experiencias entre profesionais de ámbitos económicos diversos -gandería, viveiros, hosteleria e restauración, marketing e publicidade, xornalismo e turismo, deseño industrial e de produto, agricultura e viticultura, investigación e innovacion, enerxias renovables e xestion medioambiental, industria forestal, enxeñerias técnicas e TICs…-.

 

Equipo

 

Estruming Days é un proxecto de dinamización do medio rural que nace da inquedanza da Comunidade de Montes do Salgueiral compartida con Anias Xestión Sociocultural, o apoio económico do Concello de Pontevedra e da colaboración e implicación de Espacio Arroelo-Coworking Pontevedra, Xeneme Proxectos Sociais e Raquel Pedrouso, Coach Executivo.

Somos un equipo de rurbanitas formado por:

Desirée Vidal Juncal, de Anias Xestión Sociocultural
África Rodríguez, de Espacio Arroelo- Coworking Pontevedra
Raquel Pedrouso, Coach Executivo
Diego Parajó, de Xeneme Proxectos Sociais
Jose Bravo, da Comunidade de Montes do Salgueiral

Para contactarnos podes facelo a través da páxina Contacta, por email a info@estruming.com ou chamando ó 986 86 45 98 ou o 657 62 42 39

 

]]>
http://xeneme.com/estruming-days/feed/ 0
Habilidades domésticas Vilagarcía http://xeneme.com/habilidades-domesticas-vilagarcia/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=habilidades-domesticas-vilagarcia http://xeneme.com/habilidades-domesticas-vilagarcia/#comments Fri, 02 Aug 2013 08:42:01 +0000 Diego http://xeneme.com/?p=1337 Seguir lendo ]]>

XQ un obradoiro de habilidades domésticas?

É preciso dotar aos nenos e nenas de capacidades, destrezas e habilidades que lles permitan imaxinar un mundo en igualdade de oportunidades.

O obxectivo desta actividade é revalorizar a importancia dalgúns saberes femininos, en concreto do coñecemento doméstico, no entorno dos e das máis novos/as e destacar o seu carácter de tarefa indispensable para a vida das persoas e o bo funcionamento das familias e a sociedade.

A aposta do Concello de Vilagarcía de Arousa cara ao tratamento das cuestión de igualdade entre mulleres e homes, prevención da violencia de xénero, políticas de conciliación, atención a persoas vítimas da violencia, etc vese reflectida no seu Plan de Igualdade, dirixido e coordinado desde o Centro de Información á Muller.

Tras a análise das actividades que se desenvolveron ao longo dos últimos anos, vese necesaria unha adaptación ou adecuación dalgunhas das liñas desenvoltas, así como a aposta por manter aquelas que funcionan e xeran bos resultados.

As condicións socioeconómicas actuais están a “remover” os piares dos grandes avances sociais en termos de igualdade, ao xerar unha avalancha de casos onde a escaseza de recursos económicos, a falta de emprego, etc  son factores de risco e/ou disparadores de situacións de violencia e maltrato. Aínda que ben sabido é, que a violencia contra as mulleres é transversal á sociedade, ao manterse unha visión androcéntrica da mesma.

O tratamento, pois, deste tema, debe ser integral, e insistir en que a prevención é cousa de todo o mundo, de toda a comunidade. Todas as persoas debemos ter un papel activo na prevención da violencia, no apoio ás vítimas e no amparo daquelas persoas máis vulnerables.

]]>
http://xeneme.com/habilidades-domesticas-vilagarcia/feed/ 0
Lcoal de Música: Experimentando co espazo http://xeneme.com/lcoal-de-musica-experimentando-co-espazo/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=lcoal-de-musica-experimentando-co-espazo http://xeneme.com/lcoal-de-musica-experimentando-co-espazo/#comments Thu, 01 Aug 2013 08:24:42 +0000 Diego http://xeneme.com/?p=1330 Seguir lendo ]]>

Unha das cousas máis interesantes que estamos a facer no proxecto de xestión do Local de Música é a experimentación con novos usos do mesmo. Deste xeito imos ampliando as perspectivas do traballo futuro e ampliando os seus usos para abrilo a toda a comunidade.

Sen perder de vista o nexo de unión, a música, estamos a desenvolver liñas experimentais de traballo. Innovación educativa aplicada á xestión dun centro sociocultural tematico.

Este verán desenvolvimos un campamento musical, por chamarlle dalgún xeito, xa que foi un espazo de convivencia para a creatividade e a integración da expresión artística.

O noso obxectivo é levar esta proposta a un espazo de convivencia e creación entre adolescentes e músicos.

]]>
http://xeneme.com/lcoal-de-musica-experimentando-co-espazo/feed/ 0
15 bolos 2013. Escena de Pontevedra http://xeneme.com/15-bolos-2013-escena-de-pontevedra/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=15-bolos-2013-escena-de-pontevedra http://xeneme.com/15-bolos-2013-escena-de-pontevedra/#comments Mon, 10 Jun 2013 07:48:50 +0000 Diego http://xeneme.com/?p=1324 Seguir lendo ]]>

O verán de 2013 en Pontevedra estará repleto de músicos do Local de Música. 

O proceso de traballo asociado ao Local de Música de Pontevedra está a dirixirse cara un proceso de construcción dunha comunidade de músicos en Pontevedra. Para logralo deben existir eventos de relación e cohesión, onde os protagonistas participen activamente e mostren as súas capacidades e posibilidades.

Para conseguilo deseñouse xa no 2012 o proxecto #15bolos onde se desenvolven 15 concertos de grupos locais dentro da programación oficial de festas de Pontevedra. Este proxecto desenvólvese en colaboración-integración dos departamentos de Xuventude, Festas e Normalización Lingüistica.

 

Consulta as novas:

la voz de galicia, «La música local toma las riendas»

PontevedraViva, «Se presentan los #15bolos. ¡Qué desilusión teloneará a Mago de Oz!»

Faro de Vigo, »La música local toma el casco viejo»

 

]]>
http://xeneme.com/15-bolos-2013-escena-de-pontevedra/feed/ 0
Diego Parajó, no seu rincón. (A Voz de Galicia 10/12/12) http://xeneme.com/diego-parajo-no-seu-rincon-a-voz-de-galicia-101212/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=diego-parajo-no-seu-rincon-a-voz-de-galicia-101212 http://xeneme.com/diego-parajo-no-seu-rincon-a-voz-de-galicia-101212/#comments Wed, 12 Dec 2012 16:56:03 +0000 Diego http://xeneme.com/?p=1303 Desta volta foi a Voz de Galicia a que quixo saber de nós respecto da xestión do Local de Música de Pontevedra.

E nós encantados de seguir ahí, dando que falar.

]]>
http://xeneme.com/diego-parajo-no-seu-rincon-a-voz-de-galicia-101212/feed/ 0
#tipodesparalo http://xeneme.com/tipodesparalo/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=tipodesparalo http://xeneme.com/tipodesparalo/#comments Wed, 12 Dec 2012 16:23:45 +0000 Diego http://xeneme.com/?p=1289 Seguir lendo ]]> Coma todos os anos, esforzámonos en conseguir desenvolver campañas para entidades relacionadas coa prevención da violencia de xénero.

Este ano fixemos para o Concello de Pontevedra unha completa campaña audiovisual, con anuncio, documental e unidade didáctica integrada: #tipodesparalo.

A continuación podes ver os videos e descargar a unidade didáctica se o desexas.

Descarga a unidade didáctica aquí

 

]]>
http://xeneme.com/tipodesparalo/feed/ 0
De volta e cos cambios baixo o brazo. http://xeneme.com/de-volta-e-cos-cambios-baixo-o-brazo/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=de-volta-e-cos-cambios-baixo-o-brazo http://xeneme.com/de-volta-e-cos-cambios-baixo-o-brazo/#comments Tue, 04 Sep 2012 15:01:21 +0000 Diego http://xeneme.com/?p=1278 Seguir lendo ]]> Este foi un verán especialmente divertido, pois estivo repleto de música en directo e traballo ao aire libre. E tras unhas reparadoras vacacións en famillia, véxome de novo aquí diante, facendo mapas conceptuais para a planificación estratéxica dos proxectos nos que andamos.

Pero sen dúbida, o que agora mesmo me preocupa, é o xeito en como cambiaremos o rumbo da nosa actividade, xa que tal e como se presentan as cousas, isto non vai para mellor. É curioso como ao longo da nosa historia, liñas de traballo tanxenciais foron collendo forza ate estar plenamente presentes na nosa labor de cotío. Agora mesmo está a pasar, levando a un segundo plano as accións e proxetos máis estrictamente sociais para poñer á cabeza propostas de xestión cultural e desenvolvemento comunitario.

Cambiar. Esa é, de novo, a palabra clave.

 

 

]]>
http://xeneme.com/de-volta-e-cos-cambios-baixo-o-brazo/feed/ 0
Escola de Pensamento Aplicado 2012 http://xeneme.com/escola-de-pensamento-aplicado-2012/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=escola-de-pensamento-aplicado-2012 http://xeneme.com/escola-de-pensamento-aplicado-2012/#comments Sat, 19 May 2012 11:55:58 +0000 Diego http://test.xeneme.com/?p=765 Seguir lendo ]]>  

Xa temos lista a nova proposta de cursos autoxestionados de XENEME. Como din uns amigos Bboys de Pontevedra, «Back to the Roots!». Así comenzamos coa formación en Xeneme en 1999 e así queremos voltar á independencia das nosas propostas formativas.

Calidade e calidez.

Neste momento da Formación «todo On-line» e con escaso valor, nós apostamos polas relacións humanas, o contacto, a expresividade e o calor.E é que como eternos «cursillistas» estamos fartos de apuntarnos a cursos on-line que consisten en tragarse dosieres obsoletos e mal redactados.

Infórmate en: http://www.xeneme.nos.gl

]]>
http://xeneme.com/escola-de-pensamento-aplicado-2012/feed/ 0
Local de Música Fest http://xeneme.com/local-de-musica-fest/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=local-de-musica-fest http://xeneme.com/local-de-musica-fest/#comments Mon, 05 Mar 2012 19:42:25 +0000 admin http://192.168.0.14:8888/wordpress/?p=289 Seguir lendo ]]> O concurso consiste nun concerto que se celebrará o 03 de marzo de 2012 no Teatro Principal de Pontevedra. Oito (8) grupos seleccionados previamente por un xurado cualificado e representativo, farán unha actuación breve para mostrar o seu espectáculo.

O público asistente votará e concederá o premio. O premio consiste na gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual de Pontevedra (produccionesmutantes.es).

O festival pecharase cunha actuación dun grupo convidado 1000demonios, unha Big Band nacida no Propio Local de Ensaio.

Cómo participar

Mandanos un video dun ensaio, e cubride os datos no seguinte formulario.

(O video teredes que subilo a «youtube, vimeo…»)

Leede as bases.
Inscrición e bases:

localdemusica.blogspot.com

]]>
http://xeneme.com/local-de-musica-fest/feed/ 0