Local de música de Pontevedra

O Local de Ensaio de Pontevedra é un espazo público concibido para que os músicos e grupos noveis do Concello de Pontevedra teñan un punto de encontro onde poder realizar actividades de ensaio, promoción, gravación, formación, etc, e interactuar con outros axentes tanto do eido musical como de outros ámbitos.O Local de Ensaio de Pontevedra pretende ser o espazo de referencia entre os novos músicos e grupos noveis da cidade e nexo de unión entre os diferentes axentes musicais do Concello de Pontevedra, así como contar cun modelo de xestión e organización propio e sostible.

Xeneme dirixe a xestión e dinamización deste equipamento coa intención de convertelo nun referente a nivel galego, non só polos resultados de participación, asistencia e «produtos culturais» xerados, senón pola innovación no cambio de modelo de xestión de centros socioculturais orientados a centros de interese (neste caso a música).

Lcoal de Música: Experimentando co espazo

Unha das cousas máis interesantes que estamos a facer no proxecto de xestión do Local de Música é a experimentación con novos usos do mesmo. Deste xeito imos ampliando as perspectivas do traballo futuro e ampliando os seus usos para abrilo a toda a comunidade.

Seguir lendo

15 bolos 2013. Escena de Pontevedra

O verán de 2013 en Pontevedra estará repleto de músicos do Local de Música. 

Seguir lendo

Local de Música Fest

O concurso consiste nun concerto que se celebrará o 03 de marzo de 2012 no Teatro Principal de Pontevedra. Oito (8) grupos seleccionados previamente por un xurado cualificado e representativo, farán unha actuación breve para mostrar o seu espectáculo.

O público asistente votará e concederá o premio. O premio consiste na gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual de Pontevedra (produccionesmutantes.es).

O festival pecharase cunha actuación dun grupo convidado 1000demonios, unha Big Band nacida no Propio Local de Ensaio.
Seguir lendo

1º Encontro de Locais de Ensaio Municipais

Dentro da programacion do FEST do 3 de Marzo teremos pola mañá este 1º Encontro de locais de ensaio municipais.

Obxectivo

Desenvolver un encontro entre técnicos, persoal político, e axentes da industria cultural para analizar as posibilidades e valor que pode aportar un equipamento municipal destas características. Seguir lendo