Locais municipais de ensaio. Santiago de Compostela

Entre 2009 e 2012 xestionamos os locais de ensaio municipal do Concello de Santiago. A actividade central foi estucturar a operativa de xestión e formular as claves da estratexia para o mantemento optimizado do servizo.

En combinación coa experiencia de xestión doutros locais de ensaio, construimos un know-how propio sobre este tipo de equipamentos.

AS CLAVES DO PROXECTO

Traballo coa mocidade

A apertura e posta en funcionamento dos locais de ensaio de San Lázaro do Concello de Santiago de Compostela abriron a posibilidade de achegarse a diferentes perfís da mocidade, moitos dos cales estarían fora dos circuítos habituais de participación do concello.

Dinamización cultural

A concepción destes novos espazos como lugares de relación e intercambio especializados no eido musical e creativo, abren as portas aos novos modelos de xestión e dinamización xuvenil baseadas no traballo con grupos informais e en base a centros de interese.

Coordinación con redes

Unha das fórmulas para incrementar o valor das propostas de traballo será intensificar as coordinacións con outros departamentos, servizos ou dependencias municipais, co fin de minimizar conflictos e sacar o máximo proveito ás inversións realizadas.

Regulación

Esta convivencia de grupos no mesmo lugar leva consigo a necesidade de xerar fórmulas para a supervisión e o control das instalacións e as regulacións que sobre elas se establezan. Permitirase así, manter un mínimo de prestacións e calidade sobre a dotación de medios técnicos do espazo e contar cunha estructura e equipamentos axeitados para que os novos músicos da cidade poidan ensaiar e gravar coas máximas garantías posibles.