Presentación1

A redacción e posta en marcha do Plan Estratéxico para o Departamento de Mocidade do Concello de Culleredo en 2009 permitíu contar cunha base teórica firme para amparar as tomas de decisións en calquera dos seus sistemas, buscando a mellora da calidade dos servizos prestados á comunidade, a mellora da calidade e condicións do equipo técnico e a claridade nos enfoques da planificación de accións.O proceso de traballo sobre o plan estratéxico consiste en asumir unha análise estable e recurrente (avaliación) sobre os diferentes puntos que o soportan, facendo propio o método da investigación-acción.O modelo proposto, parte dunhas claves iniciais: recomendacións, encargos, premisas, indicacións, mandatos… do interese da Dirección. A partir de definir esas claves desenvólvese en base a catro bloques: planificación do proceso, definición do modelo conceptual, deseño do P.E., desenvolvemento do modelo operativo.