Plan de Ocio comunitario. Concello de Vilagarcía de Arousa.

O Plan de Ocio Comunitario foi unha proposta global que se formulou para optimizar os recursos existentes asociados ao Departamento de Xuventude Municipal e reforzar as accións educativas e de ocio para a mocidade nestes tempos de crise.Enténdese por lecer comunitario aquel proceso de acción-intervención social que concibe a vivencia do tempo libre de forma lúdica e educativa, que parte dunha análise do contexto para procurar a optimización dos recursos, intentando implicar todos os sectores da poboación para facilitar a súa interrelación.É por tanto, un proceso dinámico, aberto ao diálogo, e á participación, que ten que ver con estilos de vida e de organización comunitaria, con políticas integrais e globais, coa democracia e coas metodoloxías inherentes aos procesos de animación sociocultural.

As Claves

Aproveitamento de recursos.A idea principal consiste en aplicar un sistema de reinxeniería de procesos para valorar os puntos fortes e febles do sistema de traballo e introducir cambios puntuais no sistema organizativo para optimizar os resultados. Favorecer a reflexión e planificación, anticipa e regula o tempo das “urxencias” e potencia a toma de decisións en base a estratexias predefinidas.

Promoción dun lecer participativo.

Introducir un sistema de traballo efectivo coa mocidade que vaia máis alá da oferta consumista dos centros comerciais, (que é, por outra banda, a gran competencia a superar), require dun plantexamento metodolóxico de escoita, cercanía, e consecución de logros comúns (Administración-asociacións-mocidade) en tempos curtos.

Analizar ao tipo de poboación que se atende e o tipo aos perfís “desatendidos” será crucial para introducir melloras e novas ideas que achegen á mocidade a procesos de autoxestión e participación sobre o seu propio ocio.

Protección da xuventude.

Como xa se deu ao longo da historia máis recente, os momentos de crise xeran grandes cantidades de problemas sociais asociados. O tempo libre da mocidade ten que estar provisto de experiencias e ofertas que poñan en valor a súa capacidade para sobrepoñerse ás circunstancias adversas, (divertíndose, aprendendo, cooperando,etc.) fronte a actitudes derrotistas que soen dexenerar en problemas diversos (consumo de drogas, delincuencia…)

Resultados