Facemos asesoramento e consultoria para organizacións públicas e privadas do ámbito social, cultural e educativo mediante ferramentas de traballo como:

  • planificación estratéxica,
  • desenvolvemento de novos modelos organizativos,
  • optimización de equipos de directivos, de traballo ou task-force.

En XENEME Blog!

CURSO DE R.S.E. en PONTEVEDRA. 2013.

Estratexia, xestión e comunicación da Responsabilidade Social Empresarial para PEMES

Estratexia, xestión e comunicación da Responsabilidade Social Empresarial para PEMES

As empresas teñen ante si retos que implican cambios profundos no modo de concibir e xestionar a organización, debido á sensibilización da sociedade polas prácticas empresariais.

As empresas son conscientes de que non poden operar de costas aos seus públicos interesados, se queren prosperar no seu mercado de referencia, mellorar a súa competitividade e proxectarse cara o futuro.

Este curso pretende ofrecer ao alumnado os coñecementos e a perspectiva necesaria para incorporar á súa empresa ou organización criterios de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) na súa xestión.

TODA A INFO DO CURSO AQUÍ

15 bolos 2013. Escena de Pontevedra

O verán de 2013 en Pontevedra estará repleto de músicos do Local de Música. 

Seguir lendo

Local de Música Fest

O concurso consiste nun concerto que se celebrará o 03 de marzo de 2012 no Teatro Principal de Pontevedra. Oito (8) grupos seleccionados previamente por un xurado cualificado e representativo, farán unha actuación breve para mostrar o seu espectáculo.

O público asistente votará e concederá o premio. O premio consiste na gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual de Pontevedra (produccionesmutantes.es).

O festival pecharase cunha actuación dun grupo convidado 1000demonios, unha Big Band nacida no Propio Local de Ensaio.
Seguir lendo

1º Encontro de Locais de Ensaio Municipais

Dentro da programacion do FEST do 3 de Marzo teremos pola mañá este 1º Encontro de locais de ensaio municipais.

Obxectivo

Desenvolver un encontro entre técnicos, persoal político, e axentes da industria cultural para analizar as posibilidades e valor que pode aportar un equipamento municipal destas características. Seguir lendo