Escola Emocionalmente Competente. Colexio La Salle, Santiago.

praza_de_san_xoan_bautista_de_la_salle-santiago_de_compostela

O proceso que propoñemos para implementar no centro a Educación Emocional, resposta á definición que nos fai Bisquerra, polo que temos que traballar tres aspectos básicos e consecutivos: a intelixencia emocional, recoñecer as competencias emocionais (cales temos e como podemos potencialas) e finalmente, a educación emocional (como educamos para o desenvolvemento emocional competente).

Transformar un colexio nun centro emocionalmente competente é unha gran tarefa que abrangue a todo o sistema.

 

As 6P da proposta 

A escola réxese desde antigo polo desenvolvemento do hemisferio esquerdo: o racional, analítico, lóxico, matemático e dedutivo…deixando o dereito (o perceptivo, creativo, intuitivo, artístico e emocional ) nun segundo plano.

Isto fixo que levemos educando na mente lóxica durante anos, máis o déficit de educación emocional que estamos tendo nos colexios, desde o noso punto de vista, está a ser un dos principais motivos da conflitividade, desmotivación e fracaso escolar.

Temos que reaprender a Educación para desenvolver o “hemisferio dereito e emocional” do alumnado. Pero antes teremos que abordar o do profesorado… Se actuamos desde o emocional, educaremos desde ese enfoque…

Temos que falar de emocións co profesorado, porque non podemos intervir sobre o que non se fala. Para educar as emocións, hai que poder expresalas primeiro. Moitas veces atopámos que o profesorado non está preparado ( ou disposto) para atender ás propias emocións.

A educación emocional debe estar presente na escola, non de maneira puntual, senón como un proceso continuado e estable que pretenda educar a persoas EMOCIONALMENTE COMPETENTES.

É por iso que a base de esta proposta céntrase en seis ideas: as 6P.

 

  • Preparación
  • Propósitos
  • Prioridades
  • Principios
  • Procedementos
  • Poder