Xestión avanzada de Proxectos Sociais.

Como un parche de actualización dun programa informático, esta formación busca achegar novas ideas sobre a xestión e planificación de proxectos sociais no contexto de crise no que estamos.

  • Analizar as circunstancias e impacto da actual crise sobre as entidades e Políticas Sociais.
  • Analizar novas ferramentas para a dirección de proxectos sociais.
  • Propoñer a incorporación de novas disciplinas á xestión de proxectos sociais.
Contidos:

Tendencias para a innovación social.

Formulas para incrementar o valor e impacto dos proxectos.

Deseño de proxectos eficaces.

Software de xestión de proxectos.

Como usar a Web 2.0.