Formación do Profesorado. FEREGA.

Unha das accións constantes ao longo da nosa historia profesional foi a inserción de propostas metodolóxicas avanzadas e contidos sociais actuais (e actualizados) para o profesorado. Nesa liña é de destacar a liña de formación para ESCOLAS CATÓLICAS GALICIA (EC) que é a marca de FEREGA-CECA que agrupa aos titulares dos centros educativos católicos e de Educación e Xestión, organización empresarial de ditos centros.

Con FERE desenvolvemos formación para o profesorado e accións de consultoría sistémica organizacional para a implementación de plans de mellora da convivencia e, recentemente, de introducción da Educación Emocional como eixo para a adecuación dos centros ao novo paradigma da Educación.