Axente de Desenvolvemento Social

A versatilidade profesional e a multidisplinariedade son elementos centrais para o traballo nos ámbitos educativo, social e cultural. Esa combinación de saber, saber ser e saber facer, fixo que nos adentráramos na definición dun novo  perfil profesional, que é onde nós nos atopamos, e definimos unha formación que permitira acadar eses coñecementos clave.

O obxectivo desta formación é capacitar ao alumnado no manexo de ferramentas, recursos e habilidades, que permitan desenvolver nunha comunidade proxectos de desenvolvemento sociocomunitario en base as súas características específicas e empregando estratexias ata o de agora asociadas ao mundo empresarial.

1- O sector dos Servizos Sociais

2- Ámbitos de actuación

3- O rol do/a axente de desenvolvemento social.

4- Project Management para o desenvolvemento social.

5- Elaboración de informes e comunicacións.

6- A cultura da calidade no terceiro sector.

7- Orientación ao cliente na xestión de proxectos.