Intelixencia colaborativa

Ao longo destes anos desenvolvemos centos de accións para entidades públicas e privadas, o que nos da unha solvencia acreditada. Aínda que o que nos funciona é o compromiso de acadar os obxectivos marcados e cumplir cos resultados esperados.

adecuación ás necesidades, características e realidades das entidades coas que traballamos é algo crucial no desenvolvemento das ideas e propostas, o que lle da unha ampla versatilidade e diferenciación aos enfoques dos proxectos.

Asumimos cada un dos proxectos coma un reto persoal, social e cognitivo. E unha vez logrado, movémolos polo mundo adiante, presentando ponencias, publicando experiencias ou estando presentes en foros técnicos.

Se algo aprendemos nestes anos, é a preocuparnos de estar en contacto coas persoas coas que traballamos. Porque comunicarse con quen traballas é importante, pero que esté confiada e tranquila… moito máis.

Esta forma de traballar implica:

  • Non caer nos mesmos erros polos que pasaron outros proxectos ou procesos.
  • Permite ter unha idea visionaria da concreción e resultados do esforzo.
  • Anticiparse ás situacións de crise e ter ferramentas para afrontalas.
  • Aproveitar ao máximo os recursos e racionaliza-la súa utilización.