CURSO DE R.S.E. en PONTEVEDRA. 2013.

Estratexia, xestión e comunicación da Responsabilidade Social Empresarial para PEMES

Estratexia, xestión e comunicación da Responsabilidade Social Empresarial para PEMES

As empresas teñen ante si retos que implican cambios profundos no modo de concibir e xestionar a organización, debido á sensibilización da sociedade polas prácticas empresariais.

As empresas son conscientes de que non poden operar de costas aos seus públicos interesados, se queren prosperar no seu mercado de referencia, mellorar a súa competitividade e proxectarse cara o futuro.

Este curso pretende ofrecer ao alumnado os coñecementos e a perspectiva necesaria para incorporar á súa empresa ou organización criterios de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) na súa xestión.

TODA A INFO DO CURSO AQUÍ

Estruming days

estruming logo xeneme

Estruming Days é un espazo de networking, intercambio e formación para profesionais que aproveiten, dinamicen e/ou traballen o rural galego cunha mirada actual e global. Sabemos que hai profesionais innovadores, creativos e arriscados en Galicia e queremos visibilizar e difundir o seu traballo entre outros profesionais con inquedanzas e ganas de coñecer e medrar.

visita  estruming.com

Estas xornadas técnicas están dirixidas a empresarios e emprendedores, entidades sociais e asociaciónsempresas en activo e proxectos en incubación, que estean a traballar no rural ou que traballando xa en vilas e cidades.

Continue reading

15 bolos 2013. Escena de Pontevedra

O verán de 2013 en Pontevedra estará repleto de músicos do Local de Música. 

Continue reading

I Curso Internacional de Coaching Sistémico e Constelacións Organizacionais

Coaching Sistémico e Constelacións Organizacionais

Organizado pola empresa Identia Coaching & Formación de Compostela, poidemos asistir a un curso exclusivo e fantástico sobre COACHING SISTÉMICO E CONSTELACIÓNS ORGANIZACIONAIS.

O curso foi impartido por Cecilio Regojo, un referente no tema da análise sistémica de organizacións. Se queres achegarte a este tema, visita a súa páxina, onde encontrarás moita información.

O grupo que asistíu foi increible, por unha banda, pola heteroxeneidade do mesmo, pero sobre todo, e como dixo un dos compañeiros, cunha sensación de tranquilidade e sen a presión de prexuizos de ninguén.

Unha persoa que me gustou atopar foi o profesor Quintín Álvarez, da USC, que nos daba clases en Educación Social. Cos anos convertíuse nun erudito e referente sobre constelacións familiares.
Gracias a cada unha destas persoas polos seus aportes!

Podes ver as fotos do curso aquí

Exposición da Trincadeira2010

Exposición da Trincadeira

Por segundo ano, preséntanse en formato exposición as fotografías do evento de cultura urbana “A trincadeira”, de Vilagarcía de Arousa.

O que desde un principio foi un proxecto de participación comunitaria a través da articulación de un grupo de traballo cun grupo de mozos e mozas, está a consolidarse como un colectivo artístico que nace desde a base, desde a rúa. Coa crítica, naturalidade e frescura propia da mocidade.

Para seguir a evolución deste colectivo, ou ver as fotos pásate pola páxina do facebook. Se tes un minuto, non deixes de ver os video promocionais. Son xeniais.

25 novembro. Concello de Pontedeume

Non me vendo non me vendas

Campaña de sensibilización sobre a explotación sexual das mulleres, dentro do marco de celebración do 25N, día mundial contra a violencia de xénero.
Este proxecto encádrase dentro das accións experimentais das subvencións para programas de igualdade e prevención da violencia de xénero da Xunta de Galicia.

(Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

Deseño: MIYAGISANdesigns. Foto: Sukizima.

Podes ver a presentación da campaña no facebook de xeneme.

25 Novembro. Concello de Arteixo

[weaver_youtube http://www.youtube.com/watch?v=Ft27sZ6MrsM]

Representación teatralizada en audio para emisión en radio, do proceso de xestación da violencia de xénero.
Este proxecto encádrase dentro das accións experimentais das subvencións para programas de igualdade e prevención da violencia de xénero da Xunta de Galicia.

(Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

Representada por un grupo de persoas do Concello de Arteixo. Dirixida por Xoan Curiel. Idea orixinal e coordinación por XENEME. Traballo realizado para o Concello de Arteixo (A coruña).

Podes ver as fotos aquí.

O xogo tradicional e as didácticas específicas

xeneme-agxpt

Hoxe Ania presenta a experiencia de recollida de xogos populares no Concello de Dodro dentro do II CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO: “O XOGO TRADICIONAL E AS DIDÁCTICAS ESPECÍFICAS”, en Melide, organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e Nova Escola Galega.
Continue reading