#tipodesparalo

xeneme

Coma todos os anos, esforzámonos en conseguir desenvolver campañas para entidades relacionadas coa prevención da violencia de xénero.

Este ano fixemos para o Concello de Pontevedra unha completa campaña audiovisual, con anuncio, documental e unidade didáctica integrada: #tipodesparalo.

A continuación podes ver os videos e descargar a unidade didáctica se o desexas.

Seguir lendo

Teo contra a violencia de xénero

A elaboracion do documental Teo contra a violencia de xénero, Programa Experimental e innovador en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, iniciouse coa intención de traballar sobre tres aspectos básicos :

  • Detección (de situacións posibles de violencia de xénero)
  • Intervencion (desde os recursos existentes no concello de Teo)
  • Prevención (a nivel educativo e comunitario)

Seguir lendo

Pregunta Poderosa. Presentación da campaña.

Pregunta Poderosa

(enlace á nova en La Voz 30-04-11)

A Illa busca respuestas poderosas

Diseña una campaña para prevenir drogodependencias

Una pregunta poderosa inquietaba desde hace una semana a los vecinos de A Illa, que asistieron con sorpresa a la presencia en distintos puntos del municipio de carteles, bolsas, camisetas, posavasos o imanes de nevera con una misteriosa leyenda, precisamente «Pregunta poderosa». Ayer se desveló el secreto. El lema y la imagen Pregunta poderosa será, a partir de ahora, la imagen corporativa de las campañas que el Concello desarrolle en el campo de la prevención de drogodependencias.
Seguir lendo

25 novembro. Concello de Pontedeume

Non me vendo non me vendas

Campaña de sensibilización sobre a explotación sexual das mulleres, dentro do marco de celebración do 25N, día mundial contra a violencia de xénero.
Este proxecto encádrase dentro das accións experimentais das subvencións para programas de igualdade e prevención da violencia de xénero da Xunta de Galicia.

(Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

Deseño: MIYAGISANdesigns. Foto: Sukizima.

Podes ver a presentación da campaña no facebook de xeneme.

25 Novembro. Concello de Arteixo

Representación teatralizada en audio para emisión en radio, do proceso de xestación da violencia de xénero.
Este proxecto encádrase dentro das accións experimentais das subvencións para programas de igualdade e prevención da violencia de xénero da Xunta de Galicia.

(Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

Representada por un grupo de persoas do Concello de Arteixo. Dirixida por Xoan Curiel. Idea orixinal e coordinación por XENEME. Traballo realizado para o Concello de Arteixo (A coruña).

Podes ver as fotos aquí.

I Congreso Internacional LUGARES DE CULTURA

Lugares de Cultura

LUGARES DE CULTURA, CREATIVIDADE PARA O DESENVOLVEMENTO

Xeneme leva colaborando coa Empresa XABIDE desde o mes de decembro 08, apoiando á secretaría técnica deste congreso.

Será unha oportunidade incrible poder participar nun dos eventos de maior relevancia e nivel dos que se montaron ate agora en Galicia sobre a xestión cultural e os espazos para a cultura.
Visitaremos ademáis a Cidade da Cultura! Toda unha experiencia!