CURSO DE R.S.E. en PONTEVEDRA. 2013.

Estratexia, xestión e comunicación da Responsabilidade Social Empresarial para PEMES

Estratexia, xestión e comunicación da Responsabilidade Social Empresarial para PEMES

As empresas teñen ante si retos que implican cambios profundos no modo de concibir e xestionar a organización, debido á sensibilización da sociedade polas prácticas empresariais.

As empresas son conscientes de que non poden operar de costas aos seus públicos interesados, se queren prosperar no seu mercado de referencia, mellorar a súa competitividade e proxectarse cara o futuro.

Este curso pretende ofrecer ao alumnado os coñecementos e a perspectiva necesaria para incorporar á súa empresa ou organización criterios de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) na súa xestión.

TODA A INFO DO CURSO AQUÍ

Estruming days

estruming logo xeneme

Estruming Days é un espazo de networking, intercambio e formación para profesionais que aproveiten, dinamicen e/ou traballen o rural galego cunha mirada actual e global. Sabemos que hai profesionais innovadores, creativos e arriscados en Galicia e queremos visibilizar e difundir o seu traballo entre outros profesionais con inquedanzas e ganas de coñecer e medrar.

visita  estruming.com

Estas xornadas técnicas están dirixidas a empresarios e emprendedores, entidades sociais e asociaciónsempresas en activo e proxectos en incubación, que estean a traballar no rural ou que traballando xa en vilas e cidades.

Continue reading

Pregunta Poderosa. Presentación da campaña.

Pregunta Poderosa

(enlace á nova en La Voz 30-04-11)

A Illa busca respuestas poderosas

Diseña una campaña para prevenir drogodependencias

Una pregunta poderosa inquietaba desde hace una semana a los vecinos de A Illa, que asistieron con sorpresa a la presencia en distintos puntos del municipio de carteles, bolsas, camisetas, posavasos o imanes de nevera con una misteriosa leyenda, precisamente «Pregunta poderosa». Ayer se desveló el secreto. El lema y la imagen Pregunta poderosa será, a partir de ahora, la imagen corporativa de las campañas que el Concello desarrolle en el campo de la prevención de drogodependencias.
Continue reading

O xogo tradicional e as didácticas específicas

xeneme-agxpt

Hoxe Ania presenta a experiencia de recollida de xogos populares no Concello de Dodro dentro do II CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO: “O XOGO TRADICIONAL E AS DIDÁCTICAS ESPECÍFICAS”, en Melide, organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e Nova Escola Galega.
Continue reading

Entrevista na Voz de Galicia (26-09-2010)

Entrevista en La Voz de Galicia

Entrevista | DIEGO PARAJÓ

directivo da empresa de servizos sociais xeneme

«A realidade asociativa de Vilagarcía é un referente en toda Galicia»

Nos últimos días Xeneme impartiu un curso no auditorio para actualizar conceptos sobre a xestión das asociacións, ás que aconsella camiñar cara a profesionalización.

Xestión avanzada de proxectos sociais

Xestión avanzada de Proxectos Sociais

Os días 22, 23 e 24 de setemtembro impariremos o curso “xestión avanzada de proxectos sociais” para o Concello de Vilagarcía. Esta formación encádrase dentro das actividades da Festa da Solidariedade, na que tamén participamos como parte do equipo de coordinación.
Continue reading

Novas axentes de desenvolvemento social

axentes_desenvolvemento_local

O Centro de Negocios de Pontevedra acolleu a entrega de diplomas da primeira promoción de axentes de desenvolvemento social (2008), curso financiado polo plan FIP. Xeneme impartíu esta formación a partires do traballo en alianza co Centro de Negocios.

Xornada interxeracional de xogos tradicionais

Xornada interxeracional de xogos tradicionais

O 9 de outubro de 2009 tivo lugar unha xornada interxeneracional que dou peche ao proxecto de recuperación de xogos populares e tradicionais levada a cabo dende a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Dodro, a cargo da concelleira Vitoria Rei. Tras un longo traballo realizado coas persoas maiores do Concello ó longo de todo o verán (Imo; Bexo, Lestrobe e Tallós): recollida e creación de xogos tradicionais, visita ao MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), visitas aos centros educativos do Concello para difundir e xogar, etc; este proxecto chega ao seu remate.
A xornada, celebrada no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, rematou con Celso Fernández Sanmartín amenizando a xornada de xogos cos seus contos.

Xornada Educando en familia. Noia 29-05-2009

Xornada Educando en familia. Noia 29-05-2009

O venres 29 de maio organizamos para o Concello de Noia unhas Xornadas sobre o papel das familias dentro da rede comunitaria e educativa.

Asistirán Manuel Dios Diz do Seminario Galego de Educación Para a Paz (SGEP),
Carmen Domínguez Villanueva, presidenta da Anpa do IES Virxe do Mar de Noia
Ana Isabel Torres Luaces, coordinadora Pedagóxica Preescolar Na Casa e
Yolanda Gómez Bombín, pedagoga responsable do programa de educación familiar do Concello de Noia.