Habilidades domésticas Vilagarcía

XQ un obradoiro de habilidades domésticas?

É preciso dotar aos nenos e nenas de capacidades, destrezas e habilidades que lles permitan imaxinar un mundo en igualdade de oportunidades.

O obxectivo desta actividade é revalorizar a importancia dalgúns saberes femininos, en concreto do coñecemento doméstico, no entorno dos e das máis novos/as e destacar o seu carácter de tarefa indispensable para a vida das persoas e o bo funcionamento das familias e a sociedade.

Seguir lendo

#tipodesparalo

xeneme

Coma todos os anos, esforzámonos en conseguir desenvolver campañas para entidades relacionadas coa prevención da violencia de xénero.

Este ano fixemos para o Concello de Pontevedra unha completa campaña audiovisual, con anuncio, documental e unidade didáctica integrada: #tipodesparalo.

A continuación podes ver os videos e descargar a unidade didáctica se o desexas.

Descarga a unidade didáctica aquí

 

Teo contra a violencia de xénero

A elaboracion do documental Teo contra a violencia de xénero, Programa Experimental e innovador en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, iniciouse coa intención de traballar sobre tres aspectos básicos :

  • Detección (de situacións posibles de violencia de xénero)
  • Intervencion (desde os recursos existentes no concello de Teo)
  • Prevención (a nivel educativo e comunitario)

Seguir lendo

25 novembro. Concello de Pontedeume

Non me vendo non me vendas

Campaña de sensibilización sobre a explotación sexual das mulleres, dentro do marco de celebración do 25N, día mundial contra a violencia de xénero.
Este proxecto encádrase dentro das accións experimentais das subvencións para programas de igualdade e prevención da violencia de xénero da Xunta de Galicia.

(Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

Deseño: MIYAGISANdesigns. Foto: Sukizima.

Podes ver a presentación da campaña no facebook de xeneme.

25 Novembro. Concello de Arteixo

Representación teatralizada en audio para emisión en radio, do proceso de xestación da violencia de xénero.
Este proxecto encádrase dentro das accións experimentais das subvencións para programas de igualdade e prevención da violencia de xénero da Xunta de Galicia.

(Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

Representada por un grupo de persoas do Concello de Arteixo. Dirixida por Xoan Curiel. Idea orixinal e coordinación por XENEME. Traballo realizado para o Concello de Arteixo (A coruña).

Podes ver as fotos aquí.

Novas axentes de desenvolvemento social

axentes_desenvolvemento_local

O Centro de Negocios de Pontevedra acolleu a entrega de diplomas da primeira promoción de axentes de desenvolvemento social (2008), curso financiado polo plan FIP. Xeneme impartíu esta formación a partires do traballo en alianza co Centro de Negocios.

Presentación en Noia de Sexibilízate

Presentación en Noia de Sexibilízate

Participamos no ENCONTRO DE EDUCADORES/as EN SEXUALIDADe E PREVENCIÓN DEL VIH/SIDA/ITS, que se celebrou o pasado 4 de outubro na Casa da Cultura do Concello de Noia, na provincia de A Coruña. Este encontro organizouno a Concellería de Sanidade do Concello de Noia, a través do Plan Comarcal de Drogodependencias, e promovido polo Programa GALIA (FUNDADEPS – Plan Nacional sobre SIDA), desde a súa coordinación en Galicia.
Podes ler o resumo da xornada en PROGRAMA GALIA

Contra a Explotación Sexual e a Trata

Voces contra la trata de mujeres

Este 23 de setembro conmemorouse o Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata. E en Santiago, a Xunta celebrou unha xornada de sensibilización.

En dita xornada participou o fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a secretaria xeral da Igualdade, entre outros.

Durante a xornada proxectouse o documental «Voces contra la trata» dirixido por Mabel Lozano. A directora do documental participou nun coloquio coas persoas asistentes, unha vez rematada a proxección. Finalmente, desenvolveuse unha mesa redonda na que participaron representantes de ONGs que traballan con vítimas de explotación sexual e trata, e a fiscal da Adscrición Permanente de Vigo da Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Quedaron de deixar o documental á disposición de todas nós, solicitándoo na Xunta.

Cidadanía e DD.HH. para 6º primaria

XA TEMOS ESTE LIBRO NA BIBLIOTECA, FIRMADO E TODO

O Consorcio Editorial Galego presentou onte o libro de texto de Educación para a cidadanía eos dereitos humanos para 6º de Educación Primaria dándolle continuidade a proxectos realizados para a ESO tanto para Ética cívica coma para Educación para a cidadanía. E alí estabamos nós, un surtido grupiño de xeneme saudando aos nosos amigos do SGEP e recollendo un dos exemplares que ten moi boa pinta.
Seguir lendo

Xornada Educando en familia. Noia 29-05-2009

Xornada Educando en familia. Noia 29-05-2009

O venres 29 de maio organizamos para o Concello de Noia unhas Xornadas sobre o papel das familias dentro da rede comunitaria e educativa.

Asistirán Manuel Dios Diz do Seminario Galego de Educación Para a Paz (SGEP),
Carmen Domínguez Villanueva, presidenta da Anpa do IES Virxe do Mar de Noia
Ana Isabel Torres Luaces, coordinadora Pedagóxica Preescolar Na Casa e
Yolanda Gómez Bombín, pedagoga responsable do programa de educación familiar do Concello de Noia.