CURSO DE R.S.E. en PONTEVEDRA. 2013.

Estratexia, xestión e comunicación da Responsabilidade Social Empresarial para PEMES

Estratexia, xestión e comunicación da Responsabilidade Social Empresarial para PEMES

As empresas teñen ante si retos que implican cambios profundos no modo de concibir e xestionar a organización, debido á sensibilización da sociedade polas prácticas empresariais.

As empresas son conscientes de que non poden operar de costas aos seus públicos interesados, se queren prosperar no seu mercado de referencia, mellorar a súa competitividade e proxectarse cara o futuro.

Este curso pretende ofrecer ao alumnado os coñecementos e a perspectiva necesaria para incorporar á súa empresa ou organización criterios de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) na súa xestión.

TODA A INFO DO CURSO AQUÍ

Estruming days

estruming logo xeneme

Estruming Days é un espazo de networking, intercambio e formación para profesionais que aproveiten, dinamicen e/ou traballen o rural galego cunha mirada actual e global. Sabemos que hai profesionais innovadores, creativos e arriscados en Galicia e queremos visibilizar e difundir o seu traballo entre outros profesionais con inquedanzas e ganas de coñecer e medrar.

visita  estruming.com

Estas xornadas técnicas están dirixidas a empresarios e emprendedores, entidades sociais e asociaciónsempresas en activo e proxectos en incubación, que estean a traballar no rural ou que traballando xa en vilas e cidades.

Seguir lendo

#tipodesparalo

xeneme

Coma todos os anos, esforzámonos en conseguir desenvolver campañas para entidades relacionadas coa prevención da violencia de xénero.

Este ano fixemos para o Concello de Pontevedra unha completa campaña audiovisual, con anuncio, documental e unidade didáctica integrada: #tipodesparalo.

A continuación podes ver os videos e descargar a unidade didáctica se o desexas.

Descarga a unidade didáctica aquí

 

25 novembro. Concello de Pontedeume

Non me vendo non me vendas

Campaña de sensibilización sobre a explotación sexual das mulleres, dentro do marco de celebración do 25N, día mundial contra a violencia de xénero.
Este proxecto encádrase dentro das accións experimentais das subvencións para programas de igualdade e prevención da violencia de xénero da Xunta de Galicia.

(Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

Deseño: MIYAGISANdesigns. Foto: Sukizima.

Podes ver a presentación da campaña no facebook de xeneme.

25 Novembro. Concello de Arteixo

Representación teatralizada en audio para emisión en radio, do proceso de xestación da violencia de xénero.
Este proxecto encádrase dentro das accións experimentais das subvencións para programas de igualdade e prevención da violencia de xénero da Xunta de Galicia.

(Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

Representada por un grupo de persoas do Concello de Arteixo. Dirixida por Xoan Curiel. Idea orixinal e coordinación por XENEME. Traballo realizado para o Concello de Arteixo (A coruña).

Podes ver as fotos aquí.

Entrevista na Voz de Galicia (26-09-2010)

Entrevista en La Voz de Galicia

Entrevista | DIEGO PARAJÓ

directivo da empresa de servizos sociais xeneme

«A realidade asociativa de Vilagarcía é un referente en toda Galicia»

Nos últimos días Xeneme impartiu un curso no auditorio para actualizar conceptos sobre a xestión das asociacións, ás que aconsella camiñar cara a profesionalización.

Festa da solidariedade de Vilagarcía de Arousa 2010

Feira da solidariedade Vilagarcía

E por fin, tras varios meses de árduo traballo de análise e coordinación, onte, 25 de setembro, celebramos a IV Festa da Solidariedade de Vilagarcía de Arousa, onde máis de 25 entidades expuxeron os seus proxectos, servizos, campañas…

Instalada no medio da Praza de Galicia, converteuse nun evento integrado na vida de sábado das persoas. Unha proposta novidosa e arriscada, ao ser a primeira vez que se usa este espacio deste xeito. Os resultados… magníficos.

Se queredes ver as fotos do evento, dos concretos, das mesas redondas e do curso de xestión de proxectos sociais, pasádevos polo nosa páxina de facebook.

Xestión avanzada de proxectos sociais

Xestión avanzada de Proxectos Sociais

Os días 22, 23 e 24 de setemtembro impariremos o curso «xestión avanzada de proxectos sociais» para o Concello de Vilagarcía. Esta formación encádrase dentro das actividades da Festa da Solidariedade, na que tamén participamos como parte do equipo de coordinación.
Seguir lendo

Lei Galega de Cultura de Paz

Lei Galega de Cultura de Paz

O vindeiro luns, día 7 de Xuño, quedará constituída oficialmente a Ponencia Conxunta no Parlamento Galego, cos representantes nomeados polos tres grupos parlamentarios, para iniciar o procedemento de elaboración do Anteproxecto de Lei de Fomento da Cultura da Paz de Galicia, unha iniciativa promovida, hai case que dous anos, polo Seminario Galego de Educación para a Paz e a Fundación Cultura de Paz sobre os precedentes da Lei Catalana de 2003 e a española de 2005.

xeneme

Constituido o subcomité galego do foro 2010

Logo Foro 2010 Compostela

Tal e como estaba previsto o día 28 de Maio, constituiuse o Subcomité Organizativo do Foro 2010, nos locais do Seminario Galego de Educación para a Paz coa presenza das seguintes entidades: Campaña Mundial pola Educación, Médicos do Mundo, IGADI, CC:OO, Xeneme, Colexio de Educación Social de Galicia, Fundación Galiza Sempre, Colexio de Psicoloxía de Galicia, Foro de Inmigración, Departamento de Historia Contemporánea da USC, STEG e Seminario Galego de Educación para a Paz. Disculpou Altermundo.

http://www.foro2010.org/index.php/gl/xuntanza-subcomite-galego.html