Lcoal de Música: Experimentando co espazo

Unha das cousas máis interesantes que estamos a facer no proxecto de xestión do Local de Música é a experimentación con novos usos do mesmo. Deste xeito imos ampliando as perspectivas do traballo futuro e ampliando os seus usos para abrilo a toda a comunidade.

Seguir lendo

I Curso Internacional de Coaching Sistémico e Constelacións Organizacionais

Coaching Sistémico e Constelacións Organizacionais

Organizado pola empresa Identia Coaching & Formación de Compostela, poidemos asistir a un curso exclusivo e fantástico sobre COACHING SISTÉMICO E CONSTELACIÓNS ORGANIZACIONAIS.

O curso foi impartido por Cecilio Regojo, un referente no tema da análise sistémica de organizacións. Se queres achegarte a este tema, visita a súa páxina, onde encontrarás moita información.

O grupo que asistíu foi increible, por unha banda, pola heteroxeneidade do mesmo, pero sobre todo, e como dixo un dos compañeiros, cunha sensación de tranquilidade e sen a presión de prexuizos de ninguén.

Unha persoa que me gustou atopar foi o profesor Quintín Álvarez, da USC, que nos daba clases en Educación Social. Cos anos convertíuse nun erudito e referente sobre constelacións familiares.
Gracias a cada unha destas persoas polos seus aportes!

Podes ver as fotos do curso aquí

XENEME en PALABRAS MAIORES proxecto de recuperación de memoria histórica no Concello de Teo

Palabras maiores

O Concello de Teo presentou esta mañá nunha rolda de prensa o refraneiro “Palabras maiores”, que é un libriño que se realizou no programa de envellecemento activo que leva o mesmo nome. A concelleira de Benestar, Carmen Diéguez, destacou que este programa de Servizos Sociais comezou a realizarse no 2007 e está cada vez máis afianzado xa en tres parroquias, Calo, Recesende e Oza.
http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=575&lg=gal

XENEME e círculo cromático: arteterapia

Círculo cromático: Arteterapia

Arteterapia para o desenvolvemento da creatividade

A Dirección de Xeneme participou este fin de semana no monográfico Arteterapia para o desenvolvemento da creatividade, como unha das accións de mellora da capacitación do persoal de dirección.

O centro de arte CÍRCULO CROMÁTICO, dirixido por ANA COSTAS foi que impartíu esta formación, na Galería Citania de Compostela.

Seguir lendo