CURSO DE R.S.E. en PONTEVEDRA. 2013.

Estratexia, xestión e comunicación da Responsabilidade Social Empresarial para PEMES

Estratexia, xestión e comunicación da Responsabilidade Social Empresarial para PEMES

As empresas teñen ante si retos que implican cambios profundos no modo de concibir e xestionar a organización, debido á sensibilización da sociedade polas prácticas empresariais.

As empresas son conscientes de que non poden operar de costas aos seus públicos interesados, se queren prosperar no seu mercado de referencia, mellorar a súa competitividade e proxectarse cara o futuro.

Este curso pretende ofrecer ao alumnado os coñecementos e a perspectiva necesaria para incorporar á súa empresa ou organización criterios de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) na súa xestión.

TODA A INFO DO CURSO AQUÍ

Estruming days

estruming logo xeneme

Estruming Days é un espazo de networking, intercambio e formación para profesionais que aproveiten, dinamicen e/ou traballen o rural galego cunha mirada actual e global. Sabemos que hai profesionais innovadores, creativos e arriscados en Galicia e queremos visibilizar e difundir o seu traballo entre outros profesionais con inquedanzas e ganas de coñecer e medrar.

visita  estruming.com

Estas xornadas técnicas están dirixidas a empresarios e emprendedores, entidades sociais e asociaciónsempresas en activo e proxectos en incubación, que estean a traballar no rural ou que traballando xa en vilas e cidades.

Continue reading

Habilidades domésticas Vilagarcía

XQ un obradoiro de habilidades domésticas?

É preciso dotar aos nenos e nenas de capacidades, destrezas e habilidades que lles permitan imaxinar un mundo en igualdade de oportunidades.

O obxectivo desta actividade é revalorizar a importancia dalgúns saberes femininos, en concreto do coñecemento doméstico, no entorno dos e das máis novos/as e destacar o seu carácter de tarefa indispensable para a vida das persoas e o bo funcionamento das familias e a sociedade.

Continue reading

Lcoal de Música: Experimentando co espazo

Unha das cousas máis interesantes que estamos a facer no proxecto de xestión do Local de Música é a experimentación con novos usos do mesmo. Deste xeito imos ampliando as perspectivas do traballo futuro e ampliando os seus usos para abrilo a toda a comunidade.

Continue reading

15 bolos 2013. Escena de Pontevedra

O verán de 2013 en Pontevedra estará repleto de músicos do Local de Música. 

Continue reading

#tipodesparalo

xeneme

Coma todos os anos, esforzámonos en conseguir desenvolver campañas para entidades relacionadas coa prevención da violencia de xénero.

Este ano fixemos para o Concello de Pontevedra unha completa campaña audiovisual, con anuncio, documental e unidade didáctica integrada: #tipodesparalo.

A continuación podes ver os videos e descargar a unidade didáctica se o desexas.

Descarga a unidade didáctica aquí

[weaver_youtube http://youtu.be/DRiXx3Z9o2I]

[weaver_youtube http://youtu.be/Ot3iolMcV4E]

 

De volta e cos cambios baixo o brazo.

Este foi un verán especialmente divertido, pois estivo repleto de música en directo e traballo ao aire libre. E tras unhas reparadoras vacacións en famillia, véxome de novo aquí diante, facendo mapas conceptuais para a planificación estratéxica dos proxectos nos que andamos.

Pero sen dúbida, o que agora mesmo me preocupa, é o xeito en como cambiaremos o rumbo da nosa actividade, xa que tal e como se presentan as cousas, isto non vai para mellor. É curioso como ao longo da nosa historia, liñas de traballo tanxenciais foron collendo forza ate estar plenamente presentes na nosa labor de cotío. Agora mesmo está a pasar, levando a un segundo plano as accións e proxetos máis estrictamente sociais para poñer á cabeza propostas de xestión cultural e desenvolvemento comunitario.

Cambiar. Esa é, de novo, a palabra clave.

 

 

Teo contra a violencia de xénero

A elaboracion do documental Teo contra a violencia de xénero, Programa Experimental e innovador en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, iniciouse coa intención de traballar sobre tres aspectos básicos :

  • Detección (de situacións posibles de violencia de xénero)
  • Intervencion (desde os recursos existentes no concello de Teo)
  • Prevención (a nivel educativo e comunitario)

[weaver_youtube http://www.youtube.com/watch?v=rxnHLf0Tko0]

Continue reading